0
500

Volver al zoom nacional
Valoracións totais 17049
Persoas valoradas 10900


Benvido a DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable), unha ferramenta elaborada ao amparo do PLAN GALICIA SAUDABLE promovido pola Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para ou Deporte, para facilitarlle aos profesionais do ámbito da actividade física e do deporte a valoración da condición física dos seus alumnos/as, deportistas e da cidadanía en xeral.

Desde o curso escolar 2012-2013 DAFIS implantouse nos centros educativos de Galicia, como ferramenta de seguimento da saúde do alumnado e para avaliar a eficacia das actuacións recollidas nos Proxectos de Vida Activa. A partir do ano 2017, iniciouse un novo camiño coa colaboración dos concellos, e das entidades deportivas galegas para a implantación do programa noutras poboacións.

En 2018 DAFIS foi seleccionada pola oficina europea da OMS como o mellor exemplo de boas prácticas en España para a promoción da Actividade Física no ámbito escolar.