Os protocolos de valoración da condición física saudable contemplados en DAFIS pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado cientificamente que gardan relación coa saúde e permite coñecer en que estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que necesitan melloras e cales non.

A valoración é fundamental para coñecer e facer un seguimento dos valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás necesidades das persoas.