Plan Galego para o Fomento da Actividade Física

Plan proxecta

  • Benvido a DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable), unha ferramenta elaborada ao abeiro do PLAN GALICIA SAUDABLE promovido pola Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte, para facilitarlle aos profesionais do ámbito da actividade física e do deporte a valoración da condición física dos seus alumnos/as, deportistas e da cidadanía en xeral que participa de iniciativas vinculadas á práctica de actividade física e deporte.
  • Galicia Saudable, no marco do “Plan Proxecta” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, está implementando tres programas educativos (Xogade, Máis e Mellor Actividade Física e Proxecto Deportivo de Centro) entre o alumnado galego co obxectivo de fomentar que adquiran e consoliden unha vida activa e saudable. Unha das actuacións contempladas nestes programas educativos é a valoración da condición física saudable do alumnado.
  • Os protocolos de valoración da condición física saudable contemplados en DAFIS pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde e permite coñecer en qué estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguemento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.